Desde a Illa
Desde a Illa

Ola a todos:

Nesta páxina, vas topar con ideas e xuízos personais, sobre novas do pobo, comentarios sobre noticias que nos chamaran a atención, ou sobre cousas das que teñamos algo que dicir.

Tamén imos poñer cousas doutros sitios: artigos de prensa, entrevistas, citas noutros medios, etc...

Imos colocar enlaces de interese para todos nos, desde CITA DE ATENCIÓN PRIMARIA, para que desde aquí poidamos concertar unha cita co noso médico, ata as distintas clasificacións dos equipos deportivos deste pobo.

Noticias deportivas que nos interesen.

Noticias escolares, premios, concursos, etc...

Precios de venda do marisco, as cantadas na lonxa, etc...

Non temos especial intención de ser os primeiros en contar algo, pero si en cambio, imos intentar añadir valor ou opinar sobre aquilo que poida interesar á xente deste pobo ou a todo aquel que nos visite.

Todo isto vai a ser nun tono relaxado, informal, e que permita un adecuado diálogo entre todos, sempre respetando a pluralidade de opinións, e tendo en conta que se nos poden escapar cousas, non pretendemos falar de ninguén en particular, todo feito desde o respeto e sen que nos nosos comentarios se intente molestar a ninguén en particular.

A nosa idea non é a de xulgar a ninguén, senón tan so a de dar información deste pobo.

Un saúdo.

Somos da Illa de Arousa

As novas da Illa
As novas da Illa